Pesar polo pasamento de Agustín Fernández Paz

7

O Concello de Pontevedra quere sumarse ás condolencias polo pasamento do escritor lucense Agustín Fernández Paz quen sempre mantivo uns vínculos persoais coa nosa cidade.

A figura do literato galego foi moi importante na traxectoria cultural de Pontevedra, xa que estivo especialmente ligado ao Salón Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que no ano 2010 lle rendiu unha sentida e merecida homenaxe á súa traxectoria vital e profesional.

Dende o Concello quérese destacar a importancia do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na proxección e normalización do galego, especialmente entre as novas xeracións.