Abanca, adxudicataria do préstemo municipal de 2,6 millóns para este ano

17

Abanca é a entidade bancaria adxudicataria do préstemo municipal de 2016 por valor de 2,6 millóns de euros. As condicións financieiras son de Euribor +0,95 e servirá para financiar a rede de sumidoiros, obras de accesibilidade na área urbana e rural; instalacións deportivas; para o pago de expropiacións e para edificios municipais.

O portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, tamén anunciou esta mañá que o vindeiro pleno debatirá unha modificación de crédito por valor de 1.079.000 euros cos que se pretende financiar o pago de primas de seguros por valor dos inmuebles municipais (ao revisar o inventario municipal de bens inmuebles, actualízanse os valores e incrementan as primas); para o pago de expropiacións (en concreto, unha finca na rúa Gorgullón que o Xulgado valorou máis que o Concello e o Xurado de expropiacións); melloras nos mercados e unha amortización de débeda de 780.000 euros.