Pontevedra preside esta semana o IV Congreso das Cidades que Camiñan en Torrelodones

13
    • Tamén participará nun curso do programa de formación contínua da FEMP en Madrid sobre a redución do vehículo privado nas cidades.

Pontevedra participa mañá e o venres en dúas citas relacionadas co modelo de cidade: no IV Congreso da Rede de Cidades que Camiñan da que Pontevedra asume a presidencia que se celebrará en Madrid, e no curso de formación sobre “A redución da velocidade do vehículo privado nas cidades, obxectivo de mobilidade sostible e factor de convivencia cidadá” que organiza a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) dentro do seu programa de formación contínua na súa sede de Madrid.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, como rexedor de Pontevedra, participará no Congreso das Cidades que Camiñan, e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle será o encargado de disertar no curso da FEMP coa ponencia “A pacificación do tráfico como fórmula para reducir a lesividade”.

A primeira intervención será na sede da FEMP, o xoves, 13 de outubro, á cargo de Daniel Macenlle que participará nunha mesa de experiencias municipais na redución da velocidade no ámbito urbano, no que compartirá sesión co director de mobilidade, vías públicas e obras do Concello de Irún.

Segundo recolle a propia FEMP na súa web, o obxectivo deste curso é “concienciar e informar da necesidade de intentar reducir a velocidade media do vehículo privado na cidade como factor clave na mellora da mobilidade urbana, a calidade de vida e a saúde dos cidadáns, e o medio ambiente”.

A continuación o alcalde será o encargado de abrir o Congreso das Cidades que Camiñan que se celebra no concello madrileño de Torrelodones os días 13 e 14 de outubro. O alcalde tamén ofrecerá a conferencia “Ciudad que camina, ciudad que crece” sobre as boas prácticas en mobilidade sostible, seguridade viaria e accesibilidade universal.

ciudades-que-caminan-congreso-torrelodones

programa-femp