Once empresas optan a executar o núcleo de centralidade parroquial de Salcedo

32

    • O orzamento de licitación achégase aos 400.000 euros.
    • O proxecto inclúe mellora a accesibilidade, calmado de tráfico, urbanización, reposición de servizos, iluminación ou recollida e pluviais

O Concello de Pontevedra reuniu esta mañá a mesa de contratación para a rehabilitación integral do núcleo de centralidade parroquial de Salcedo ao que se presentaron once empresas. O prezo de licitación do proxecto é de 397.398,51 euros e o prazo de execución é de 4 meses.

As empresas que se presentaron a esta contratación son:

    • Copcisa
    • Moncosa OHS
    • Naturgalia
    • Covsa
    • E.C.Casas
    • ACEVI
    • Ediserpo
    • Xestión ambiental de contratas
    • Hordescon
    • Orega
    • Narom

O proxecto recolle que a intervención enlaza varios equipamentos que constitúen nodos de centralidade en Salcedo, algúns tradicionais como son a igrexa, a reitoral e o cemiterio, xunto con outros de máis recente creación como a sede da comunidade de montes de Salcedo e o parque urbano anexo, e finalmente outros construídos recentemente, como o caso da Casa Verde.

O proxecto supón a mellora da accesibilidade, o calmado de trafico, a renovación dos acabados de urbanización, e das instalacións de electricidade, alumeado e pluviais dos espazos públicos que se articulan en torno á sede da comunidade de montes, o parque público adxacente, o centro social e as dúas entradas do cemiterio.

Polo que respecta ao espazo perimetral ao parque público actualmente existente o obxectivo do proxecto será a transformación de dito vial dende o carácter de estrada que posúe na actualidade a unha configuración de rúa con calmado de tráfico, coa creación de un itinerario accesible ao longo de toda a rúa.

Tamén se reordenará o espacio para habilitar zonas de estacionamento, necesarias para un correcto funcionamento das dotacións existentes.

No espazo circundante ao centro social de nova construción se creará unha praza, cunha configuración que conecte co parque público actualmente existente, dándolle unha configuración polivalente que permita un uso de auditorio ao aire libre, que complemente a funcionalidade actual.

Na rúa, o tratamento será de bandas segregadas, cunha distinción física de materiais entre os distintos usos, que serán:

    • Carril de tráfico rodado realizado en aglomerado asfáltico en cor
    • Beirarrúas, realizadas en lousa de formigón branco pulido con árido de corindón, separada do carril de tráfico por un bordo en pedra. Os tráficos peonís estarán priorizados fronte aos tráficos rodados.
    • O borde co parque público estará construído en muro de mampostería.
    • No espazo circundante ao centro social o acabado da praza estará realizado en lousa de formigón.

Sobre os servizos e as instalacións cabe destacar:

    • Rede soterrada de pluviais: completase a rede de sumidoiros, acometendo á actualmente existente no límite da zona de actuación.
    • Alumeado público renovado
    • Canalización de subministro de enerxía eléctrica