Q-fas, a vida cultural de Pontevedra asómase ás redes

162

Baixo o título de Q-fas, o Concello participará este ano en Culturgal cunha senlleira iniciativa que, nunha primeira fase, se divulgará a través de internet. No stand municipal, ademais doutras actividades programadas polas concellerías de Cultura e Promoción da Cidade, se instalará un set para servizo dos protagonistas da cultura na capital.

Durante os tres días da feira, Q-fas difundirá ideas, testemuñas e estados de creación de numerosas persoas relacionadas coa literatura, as artes plásticas, o deseño, a ilustración, o cinema, o mundo editorial, a música e calquera outra manifestación artística que teña lugar na cidade ou fóra dela, pero con algunha relación con Pontevedra.

Cada un dos persoeiros culturais serán micro-entrevistados e posarán para unha fotografía, dous elementos (o gráfico e o verbal) que servirán para obter un caleidoscopio da nosa cultura, a través dos rostros e as frases dos seus artífices.

Ese material será subido ao espazo pontevedra.gal/culturgal, desde onde se difundirá por distintos medios ate, entre os que compre destacar a Culturgal Pontevedra, Pontevédrate e Pontevedra Viva, de tal xeito que durante os tres días as testemuñas destas persoas tomen unha relevancia especial nas redes.