Acreditada a vixencia parcial da ordenanza de fachadas

49

A ordenanza municipal de inspección de edificios de Pontevedra (coñecida como ordenanza de fachadas) “poder ser aplicada parcialmente, no relativo á conservación e accesibilidade, non así ao respecto da eficiencia enerxética e poderá seguir aplicándose pero modificando o réxime sancionador que haberá que aplicar o da Lei do Solo e o seu regulamento”, explicou a concelleira de Urbanismo. Carme da Silva resumía así as conclusións do informe elaborado pola Asesoría xurídica do Concello motivado por a sentenza do Tribunal Constitucional (TC) que deu resposta a un recurso da Generalitat de Catalnunya.

O Concello de Pontevedra solicitara tamén o pasado 7 de setembro á Xunta información -inda sen resposta- sobre se ía a facer algún tipo de regulamento ao respecto.

Co informe xurídico na man avaliarase artigo por artigo a actual ordenanza para ver o que hai modificar e levar a nova proposta ao Pleno municipal que ten que aprobar a actualización ou depuración da ordenanza na parte que continua vixente. Tamén levarase unha modificación do calendario de inspección para permitir aos propietarios que cumpran cos seus deberes de conservación sen colapsar os servizos urbanísticos.

A intención do Goberno local é ter feita a proposta de depuración da ordenanza de fachadas o máis pronto posíbel. Se non chega ao Pleno de xaneiro que estea lista para a súa aprobación no de febreiro.