Chegan as Noites Abertas 2017

138

Esta fin de semana comeza unha nova edición de Noites Abertas. E xa van dezaoito.

A diferenza desta décimo oitava edición coas anteriores é que conta exclusivamente con orzamento municipal posto que a convocatoria anual de subvencións do Plan Nacional sobre Drogas este ano non foi convocada. Así o Concello de Pontevedra achega os 100.000€ de custo do programa para ofertar 91 actividades diferentes en 24 xornadas durante 13 fins de semana, dende o venres 27 de xaneiro ata o sábado 29 de abril.

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, subliñou os factores que fan de Noites Abertas unha experiencia “única e imprescindíbel”:
É democrática: a mocidade participa no deseño e na xestión.
É un banco de probas: hai empresas á procura de talento nas Noites Abertas

Oferta lecer alternativo
É galega e en galego
Loita pola igualdade e contra a violencia machista

Nesta edición participan 17 asociacións e clubs deportivos realizando 21 actividades; participan tamén 21 empresas pequenas (sobre todo autónomos) que realizan 26 das actividades e prestan 8 servizos. Colectivos informais de mozxs realizan 21 actividades e 23 son realizadas por persoas novas a título individual. En total, serán 91 actividades diferentes, entre as que podemos atopar deportes, manualidades, bailes, xogos, actividades musicais, etc…

Ibuprofeno Teatro e antigxs monitorxs do programa encárganse dende hoxe e ao longo desta semana, de promocionar a nova programación de Noites Abertas, a través de intervencións teatrais e de animación nos diferentes institutos da cidade, así como no  campus universitario e nas rúas e prazas dadiferentes institutos da cidade, así como no campus universitario e nas rúas e prazas da cidade.

Para participar nas actividades só hai que ter entre os 12 e os 30 anos e querer pasalo ben os venres e sábados en Pontevedra.
Toda a programación pode consultarse na web www.noitesabertas.gal .
Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Pontevedra 986840367 (de 9 a 15h) e no mail noitesabertas@pontevedra.gal

carteis NNAA 1701091357

deplegables NNAA