Normalización pecha mañá no Froebel as actividades escolares deste curso

    3

      • Serán dos obradoiros de Xoguetoloxía para nenos de primeiro e segundo ciclo de educación primaria

    Dous obradoiros de Xoguetoloxía poñen o ramo ás actividades escolares que a Concellaría de Normalización Lingüística leva programando durante todo o ano nos centros de ensino da cidade. Neste caso, son dous obradoiros que se celebrarán no CEIP Froebel nos seguintes horarios:

      • Ás 9.30 horas, 50 nenos e nenas de 1º ciclo de educación primaria
      • Ás 11.30 horas,  55 nenos e nenas de 2º ciclo de educación primaria

    Os obradoiros Xoguetoloxía facilitan o achegamento á lingua a través da construción de xogos, xoguetes, enredos e instrumentos sonoros con materiais de refugallo e naturais: birlos, peóns, boliches, papaventos… Co obxectivo de promover o uso da lingua galega asociada ao xogo e á creatividade; que os e as participantes aprendan a construír os seus propios enredos e a xogar sen necesidade de grandes gastos; e fomentar a creatividade e a autonomía.

    O obradoiro ten o seguinte desenvolvemento:

      • Presentación e pensamento diverxente: as nenas e nenos aprenderán que con materiais pobres se poden facer grandes cousas, polo que nun primeiro momento, verán os materiais e haberá unha pequena chuvia de ideas sobre que uso alternativo se lles pode dar.
      • Obradoiro: cada rapaz/a construirá o seu enredo para poder levar a casa.
      • Xogarán e experimentarán co enredo e, como peche, xogo tradicional bailado
      • Duración de cada sesión: 80-90 minutos, aproximadamente