Pontevedra achégase ao comercio internacional da man da Embaixada de México

29

Pontevedra recibiu onte a visita de Ana Saína, representante da área comercial e de investimentos da Embaixada de México en España para participar na Xornada de formación Misión Comercial-Institucional organizada polo Concello de Pontevedra e o IGADI, no marco da delegación comercial que o Concello levará a México a finais de agosto, e na que xa están confirmadas nove empresas.

Ana Saína explicou que as principais oportunidades de negocio no seu país son as relacionadas co sector turístico, a enerxía eólica e todo o sector agroindustrial. De feito, algunhas das empresas que confirmaron a súa participación na misión comercial teñen por obxectivo tratar directamente cos proveedores, evitando os intermediarios.

Na xornada tamén se organizou a mesa redonda Galicia-México: relacións comerciais e testemuñas directas da internacionalización como

  • Óscar Rodil, profesor-Doutor de Economía aplicada na Universidade de Santiago de Compostela
  • Senén Ferreiro Páramo, director de Valora consultores (Sustentabilidade, Innovación, RSC…)
  • Paulo Casal, Florentino México e Director de La Voz de Querétaro (Xornal rexional)

Tamén confirmaron un convite do alcalde e do gobernador de Querétaro para o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para coñecer a localidade e explicar o modelo implantado na cidade do Lérez.