Sétima abrirá a súa Tenda na rúa Laranxo, nas instalacións da antiga Bolera

63

    • Até o martes 11 de xullo está aberta a inscrición para participar. A Tenda estará aberta de 15 de xullo a 15 de setembro

Pechada por vacacións, Sétima Feira abrirá por segundo ano consecutivo a súa Tenda a mediados deste mes. Nesta ocasión a Concellaría de Promoción da Cidade escolleu un baixo máis amplo que o anterior, e traslada da Tenda da Sétima Feira á rúa Laranxo, para ocupar o baixo no que se atopaba a antiga Bolera.

Como o pasado ano, esta tenda pretende darlle continuidade á Sétima Feira durante as súas vacacións até o mes de outubro, e a Concellaría retoma a iniciativa ante o éxito da primeira edición.

O propósito da Tenda é favorecer o encontro de deseñadores de Galiza, mantendo unha vía de comercialización das súas creacións, polo que o novo espazo permitirá acoller a un maior número de creadores que na pasada edición.

As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas solicitudes até o martes, 11 de xullo cubrindo a convocatoria dispoñible online en https://promocion.pontevedra.gal/a-tenda/

A Tenda de Sétima abrirá as súas portas o vindeiro 15 de xullo e pechará o 15 de setembro