Pontevedra, candidata a acoller o Europeo junior de Loita en 2019

17

Pontevedra recibiu esta semana a visita da alta representante da Federación Internacional de Loita Rodica María Yaksi (asesora do presidente da Federación Internacional de Loitas Olímpicas) que quería coñecer a cidade de Pontevedra e as súas instalacións deportivas de cara á candidatura presentada pola cidade do Lérez para acoller no ano 2019 o Campionato de Europa Junior de Loita.

Na súa visita mantivo unha reunión cos hoteleiros da cidade xa que era do seu interese coñecer a capacidade hoteleira da cidade, e tamén visitou o Pabillón Municipal, no que se desenvolvería o campionato no mes de xuño de 2019 con arredor de 800 loitadores.

O Campionato Europeo junior 2019 disputará tres modalidades:

  • Loita libre olímpica
  • Loita libre feminina
  • Loita libre grecorromana

A representante da Federación internacional de Loita explicou que o principal elemento no que se fixará o xurado para escoller a sede deste campionato será o desenvolvemento do deporte nesa cidade, na que Pontevedra está moi ben posicionada por ter destacados loitadores en categorías cadete e xuvenís que no ano 2019 competirían en junior, ademais de ter unhas excelentes relacións coa Federación española e galega de Loita.

A cidade de Pontevedra disputará esta candidatura ás cidades Bydgoszcz, de Polonia, e Chisinau, de Moldavia.

Pontevedra conta cunha ampla experiencia na organización de grandes eventos deportivos internacionais de moitas disciplinas deportivas. Conta, tamén, con experiencia na organización de grandes eventos nacionais de Loitas Olímpicas co Campionato de España junior e escolar 2016, e o Campionato de España sénior e cadete 2017.

Outras das súas avantaxes é o atractivo da cidade, e a súa comarca, así como polo galardón mundial ONU-Habitat, que a recoñece como unha das cidades do mundo con maior calidade urbana.

Nembargantes, Pontevedra é a máis pequena das tres, nunca acolleu un campionato Europeo de Loitas Olímpicas, e tampocou organizou campionatos de Europa ou Mundiais de Loitas Olímpicas como as outras dúas.