O Concello detecta unha reactivación da promoción da vivenda privada na cidade

63

    • Neste momento están en construcción 118 vivendas no barrio da Parda, e nesta mesma zona hai unha previsión de 145 máis.
    • Están en tramitación licencias para máis de 100 novas vivendas en distintos puntos da cidade: Valdecorvos, Oliva, Travesía da Eiriña, Echegaray ou Joaquín Costa.
    • Tramítanse, tamén, licenzas de locais tan emblemáticos como o baixo dos Telares. E xa está concedido o traslado das Oficinas de Tráfico a Campolongo.

A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías deu a coñecer esta mañá o despunte do sector da construción local que se aprecia a través da promoción de vivenda privada na  propia cidade. É unha situación que se detecta dende finais do ano pasado e ao longo deste, a través do incremento de solicitudes de licenzas tanto para vivendas colectivas como para unifamiliares, pero tamén pola solicitude de información e consultas urbanísticas aos Servizos de urbanismo municipal.

No tocante ás licenzas de vivendas unifamiliares, se mantén a liña dos últimos anos. De feito, en 2017 se solicitaron 16 novas licenzas, das cales 10 foron de nova construción e 6 de rehabilitación, ampliación ou reforma en distintos puntos do concello.

A reactivación detéctase dentro da promoción de vivendas colectivas, e as informacións e consultas urbanísticas permiten pensar que esta situación irá crecendo no tempo, segundo adiantou esta mañá a responsable de Urbanismo.

Na actualidade están en construción dúas promocións no barrio da Parda. Unha na rúa Pintor Laxeiro con  69 vivendas, e outra entre Pintor Laxeiro con Losada Diéguez con 49 vivendas.

Ademais, o Servizo ten constancia do interese dunha destas empresas por continuar coa promoción da U.13 (a de Pintor Laxeiro con Losada Diéguez), xa que solicitou prórroga da licenza para construír doutros dous edificios con 48 e 97 vivendas cada un.

Sobre as promocións que xa están en pleno proceso de tramitación de licenza están, entre outras:

    • Un edificio na Travesía da Eiriña 18-20 con 10 vivendas
    • Edificio na U.18 (Joaquín Costa) con 40 vivendas. Esquina Joaquín Costa con Doce de Novembro.
    • Cambio de uso dun edificio na Praza Veiga da Eira que pasa de estar destinado para oficinas, para 26 vivendas.
    • A rehabilitación dun edifico na rúa Oliva 28 (o edificio do antigo Autoradio) para levantar 4 vivendas.
    • Un edificio na rúa Echegaray 9-11 para 11 vivendas.
    • Vivendas unifamiliares no Polígono de Valdecorvos (parcela 11) para 11 casas.
    • Edificio en Riestra para 4 vivendas

En total estase a falar da tramitación da licenza para 106 novas vivendas na cidade, ás que habería que sumar as xa en construción.

Outra das conclusións que se poden tirar destes datos é o rearme do sector da construción na cidade, que sempre tivo moito peso na economía local, e que se apoia en que 8 das 11 promocións que se apuntaron están baixo a dirección de empresarios locais.

No Servizo municipal de Urbanismo tamén se detecta ha reactivación da tramitación de polígonos urbanísticos na cidade, con bolsas moi importantes en desenvolvemento, que se irán materializando nos vindeiros meses.

O ámbito comercial

Ao respecto do eido comercial, tamén se amosa un despunte a través da concesión da licenza á Dirección Provincial de Tráfico para trasladar as súas oficinas a Campolongo, ou a tramitación dunha licenza a unha firma de alimentación para habilitar un baixo na rúa Oliva (os antigos Telares). Neste caso están obrigados a recuperar a histórica fachada do edificio, algo similar ao do Gran Garaxe.

Nesta mesma liña, está a licenza concedida a unha firma comercial de roupa en Benito Corbal, ou a tramitación dunha licenza a unha superficie de alimentación na avenida de Lugo.

O desenvolvemento urbanístico da cidade complétase nestes momentos con todas as dotacións que están neste momento en construción ou rehabilitación como o edificio dos xulgados para o que o Concello expropiou a parcela ou a construción da residencia e centro de día da asociación Xoán XXIII na Corvorana, nunha parcela cedida polo Concello á entidade, ou o novo Hospital no que o Concello terá unha actuación determinante na xestión do solo.