Pontevedra xa dispón de catro eurotaxis adaptados

14
    • Esta mañá reuniuse a Comisión que resolve esta convocatoria de subvención (5.000 euros por vehículo) á que se presentaron tres persoas.

O Concello de Pontevedra resolveu esta mañá a convocatoria de subvención para a adquisición de vehículos novos adaptados para persoas con mobilidade reducida (ou adaptación de existentes) adicados a eurotaxis. Na reunión da Comisión acordouse entregar dúas novas subvencións a dous propietarios de autotaxis por valor de 5.000 euros cada unha.

Foron tres os propietarios que concorreron a esta liña de subvencións. Dúas foron concedidas, e a terceira foi rexeitada xa que aínda non ten a condición de eurotaxi, a pesar de que xa dispón do vehículo e está en tramitación de todas as licenzas pertinentes.

Na actualidade o Concello xa conta con 4 eurotaxis ou taxis adaptados, dunha flota actual de 90. A terceira opción que foi rexeitada na Comisión desta mañá poderá presentarse á vindeira convocatoria, que será o próximo ano.

Esta é a segunda vez que o Concello publica este tipo de subvencións que teñen como obxectivo fomentar que a rede local de taxis adaptados a persoas con necesidades especiais.