Sae a concurso o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

43
  • Sairá a licitación por 1.375.539,24 euros/ano e terá unha vixencia de 4 anos cunha posíbel prórroga dun ano máis

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o expediente de contratación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O novo contrato terá unha vixencia de catro anos, cunha posíbel prórroga dun máis, e sairá a concurso cun importe de 1.375.539, 24 euros por anualidade.

Serán 90.000 as horas anuais contratadas, cun prezo base de 14,25 horas, IVE non incluído, e os beneficiarios poderán ser persoas dependentes ou maiores non dependentes. O novo contrato do SAF leva un significativo incremento no número de horas contratados o que permitirá aumentar o número dos potenciais beneficiarios.

O SAF recibirá do Concello máis de 500.000 euros ao ano, o resto da financiación estará a cargo da Xunta de Galicia e dos propios usuarios. A Xunta subvencionan con case 10 euros a atención ás persoas dependentes e o Cocello estende o servizos a maiores non dependentes