A nave municipal de Campañó terá cuberta nova

28
  • + A Xunta de Goberno local adxudicou a obra á empresa Ediserpo por 179.910 euros
  • + A oferta inclúe como melloras mobiliario para os vestiarios e despachos
A Xunta de Goberno local reunida no día de hoxe aprobou a adxudicación da instalación dunha nova cuberta para a nave municipal de Campañó á empresa Ediserpo por 170.525 euros, segundo informou o portavoz do Goberno local, Raimundo González.

A actuación é un primeiro chanzo dun proxecto máis amplo e ambicioso, o de reforma e adaptación aos tempos destas dependencias municipais que inclúen ademais da substitución da cuberta: novos vestiarios de mulleres, a reforma e redistribución da entreplanta, o pintado da nave e outros pequenos arranxos.

A oferta económica da empresa gañadora foi acompañada de outras melloras como a renovación de mobiliario dos vestiarios e despachos.

O prazo de execución dos traballos é de catro meses.

A nave de Campañó é a base de catro brigadas municipais que suman uns 30 traballadores. Alí están radicados os equipos de sinalización viaria, obras e mantemento, parques e xardíns e electricidade.