O Concello porá en valor o busto de José Martí na súa praza

27

O Concello de Pontevedra porá en valor o busto de José Martí que está situado na praza que leva o mesmo nome entre as rúas Cobián Roffignac e Santa Clara. Para iso, crearase unha peza escultórica que se instalará nun lugar máis destacado da praza.

O proxecto consiste na colocación dunha prancha de formigón de 3 metros de ancho, 1,5 metros de alto e 0,40 de ancho na que se adherida a imaxe de José Martí. A prancha de formigón será unha escultura na que se plasmará a bandeira cubana. A escultura irá acompañada do poema “La rosa blanca” que agora acompaña o busto do político e poeta cubano na súa actual situación.

Tamén se trasladará de lugar para que ocupe un lugar máis principal na praza. Situarase ao carón da rampla de baixada á praza.