De visita en Santa María de Xeve para coñecer as melloras en Frieiro e Fontáns

21
    • O alcalde e a concelleira delegada da parroquia, Pilar Comesaña, coñecen o resultado do investimento duns 300.000 euros nestas vías

O alcalde e a concelleira delegada da parroquia de Santa María de Xeve, Pilar Comesaña, visitaron esta semana diversas obras que o Concello realizou na parroquia. Son traballos de mellora de firmes de vías e tamén de instalación de medidas de calmado de tráfico.

A actuación principal foi o acondicionamento da pista que une os lugares de Fontáns e Maúnzo, en Santa María de Xeve. Tivo un investimento de 230.713,48 euros e o proxecto consistiu na rehabilitación integral do firme, incorporación de sobreanchos á vía e creación dalgúns muros de contención nos espazos necesarios porque se rectificou o trazado da vía en distintos puntos, recollida de augas pluviais, colocación de medidas de calmado do tráfico como lombos ou barras de seguridade nos laterais. Ademais, instalouse sinalización horizontal e vertical.

Tamén visitarán o lugar de Frieiro, en Santa María de Xeve, no que se fixo unha pavimentación dos accesos interiores cun orzamento de 60.162,77 euros, con medidas de recollida de augas pluviais, sinalización horizontal e vertical, entre outras melloras.

Ademais, nas vías da parroquia o Concello instalou diversas medidas de calmado de tráfico a petición dos veciños, e baixo supervisión técnica.