Máis de 8.000 escolares participaron nos obradoiros e roteiros de Normalización Lingüística
7
A Concellaría programou 180 obradoiros e 92 roteiros neste curso escolar.
A proposta de novos obradoiros e o Roteiro María Victoria Moreno, claves no éxito da oferta 2017/18.
A Concellaría xa traballa nas propostas do vindeiro ano, tratando de atender o maior número de solicitudes posible xa que quedaron fóra o 50% das peticións de obradoiros.
Máis de 8.000 estudantes participaron nos obradoiros e roteiros programados pola Concellaría de Normalización Lingüística durante o pasado curso (2017/18), superando amplamente as cifras de participación do curso anterior, cando se rexistrara unha participación de 6.100 escolares. Este incremento substancial debeuse á estratexia da Concellaría de reformular os obradoiros que oferta aos centros de ensino e tamén a creación do roteiro María Victoria Moreno.
O concelleiro responsábel da área, Alberto Oubiña xa anunciara a mediados de curso que o seu departamento traballaba co obxectivo de que ningún escolar do concello quedara sen obradoiro tratando de incidir na dinamización do uso da lingua entre a xente nova, especialmente, nos usos orais, dada a forte imposición do castelán existente na actualidade. O resultado foi unha gran demanda por parte dos centros de ensino e unha gran implicación dos docentes a prol da lingua.
Facendo unha división entre roteiros e obradoiros, os datos das actividades municipais de Normalización Lingüística son:
Roteiros:
38 centros de ensino participaron nos 92 roteiros que se organizaron durante o curso. Participaron 2.393 escolares.
Roteiros que se fixeron:
29 Castelao
34 Infantil
3 Pintos
3 Sarmiento
12 María Victoria Moreno (co Salón do Libro)
11 María Victoria Moreno
A maior parte dos centros fixeron 1 ou 2 roteiros, pero destacan CEIP Campolongo que fixo 6 ou Manuel Vidal Portela que fixo 8.
É habitual que, ademais dos centros de ensino, tamén fagan roteiros outras entidades. Nesta ocasión fixéronse 7 roteiros nos que participaron 161 persoas. A maior parte fixeron o roteiro María Victoria Moreno.
Obradoiros:
É unha oferta formativa complementaria para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. O obxectivo é dotar de ferramentas lingüísticas e expresivas para facilitar a expresión oral do alumnado en galego e a confianza á hora de expresarse.
Solicitaron obradoiros 24 centros de ensino, nos que se programaron 180 obradoiros nos que participaron 5.630 alumnos.
Os obradoiros máis reclamados foron as novas apostas da Concellaría:
Navegando entre papel e contos mar adiante (obradoiro novo): 28
Contos nas orellas (novo): 26
Verbateca (novo): 24
Xoguetoloxía sen nada nas mans (novo): 20
Mario pensaba que o galego… (novo):16
OPS!: 12
Xoguetoloxía co que che caia nas mans (novo):10
Micolóxica: 10
Unha historia de amor: (novo)8
Para vir a xunto min (novo): 7
Hip Hop: 7
Lingua Forza 3: 6
Un universo de lendas (novo): 3
Mundo Inho: 2
Díxome: 1
En colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística, o Concello tamén programou charlas sobre prexuízos e o galego na empresa nos centros de ensino. Foron 7 conferencias para un total de 280 alumnos.
A Concellaría de Normalización xa traballa na programación do vindeiro ano cos mesmos obxectivos e tratando de dar cobertura ao maior número de peticións posibles. Cabe lembrar que este ano programou 180 obradoiros e 92 roteiros, pero recibiu o dobre de peticións por parte dos colexios (360 solicitudes de obradoiros). Até o de agora, a Concellaría viña destinando 33.500 euros a programar estas actividades, e asumir toda a demanda suporía triplicar o orzamento, de todos os xeitos xa analiza a ampliación desta partida para aumentar o número de obradoiros concedidos.