Dez equipos participan na Liga de petanca 2019 do Concello de Pontevedra

    0
    • A competición arranca o sábado 16 de marzo no campo das Palmeiras e estenderase até o 29 de xuño
    • Na tempada terán cabida tres trofeos: o San Xosé (19 de marzo), o Trofeo Deputación (1 de maio) e San Bieito (11 de xullo) e rematará o 31 de agosto cunha festa

    A petanca ábrese paso no deporte pontevedrés. Hoxe a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, presentou xunto con Raimundo Argibay, portavoz do colectivo de xogadores -máis do 200 no municipio- e unha representación de deportistas a Liga de Petanca 2019 do Concello de Pontevedra.

    A competición arranca o sábado 16 de marzo, no campo das Palmeiras, e estenderase até o 29 de xuño.

    Dez equipos participan na competición: O Mirador de Monte Porreiro,
    Amigos de Campolongo, Santo André de Xeve, Centro Social de Pontevedra, O Pote de Mourente, O Carballo de Mourente, Santa María de Xeve, O Salgueiral de Bora e Salcedo Norte.

    A liga non é a única competición de petanca que hai na comarca, ao longo da tempada hai outros tres torneos en disputa:

    • • 19 de marzo. Trofeo San Xosé “Memorial Fernando Viéitez”, organizado pola Asociación de veciños de Campolongo
    • 1 de maio. Trofeo Deputación, organizado polo Centro Social de Pontevedra
    • 11 de xullo. Trofeo San Bieito, organizado pola Asociación O Mirador de Monte Porreiro

    Ademais unha festa porá o ramo a tempada de petanca o 31 de agosto, na Alameda,