O Concello abre ao paso peonil a Ponte do Burgo

66

A obra estará financiada por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

O Concello de Pontevedra abriu o venres a ponte do Burgo ao paso peonil.

A ponte púidose abrir unha vez que está rematada a colocación das lousas de pedra de todo o taboleiro, e mentres se traballa nas dúas cabeceiras, que están en pleno proceso de remodelación.

A reforma da Ponte do Burgo é unha obra cofinanciada cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integral (EDUSI) Máis modelo, Pontevedra.