O Concello destinará máis de 120.000 euros na modernización da Administración Electrónica

26

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a contratación da renovación dos servidores da base de datos e do subministro dunha cabina de almacenamento por un importe total de 121.000 euros. Trátase de dous contratos que, segundo informou a portavoz do Goberno, Anabel Gulías, están encamiñados a modernizar a administración electrónica. “Queremos darlle prioridade a este tipo de cuestións que, se ben non son demasiado vistosas, son moi necesarias para dar resposta aos procesos e procedementos, e mellorar a calidade do traballo e de atención aos veciños e veciñas do concello” asegurou.

O contrato para a renovación dos servidores da base de datos inclúe o subministro de dous servidores, a instalación da nova versión do sotfware ORACLE e a migración dos datos a este novo entorno. Pola súa banda, o contrato de subminsitro dunha cabina de almacenamento inclúe o subminsitro, instalación, configuración, migración de información e posta a punto dunha cabina que reemplace aos dos sistemas de almacenamento empregados na actualidade. 

Ambos contratos un teñen prazo de execución de tres meses cada un e o obxectivo final de embas renovacións é o de aumentar a capacidade, actualización e mellora do rendemento da base de datos do Concello.