As bandas do Local de Música debaten e presentan os seus novos proxectos

26
  • O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña inaugurou pola mañá esta “Convivio musical” na que se poñen sobre a mesa os proxectos de futuro e se gravan vídeos de cancións do proxecto “rock&Lérez” do propio Local.

O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña inaugurou esta mañá a xornada “Convivio musical” organizada polo Local de Música de Pontevedra na súa sede de Otero Pedraio no que se xunta á escena musical pontevedresa para debater e presentar a novas bandas e proxectos de futuro.

Con 12 anos ás súas costas, o Local de Música de Pontevedra ten no seu haber ter recibido a centos de proxectos de miles de persoas de distintas xeracións. Na Convivio de hoxe preténdese dar voz á mocidade que ensaia no Local para que presenten os seus proxectos que serán debatidos neste encontro. E exporase cal será o calendario de actividades do ano 2020.

Pola tarde, os asistentes teñen previsto gravar vídeos de cancións en directo de varias novas bandas da cidade, dentro do proxecto “rock&lerez” do propio Local.

www.localdemusica.gal

www.facebook.com/localdemusicapontevedra

www.instagram.com/localdemusica

www.twitter.com/localdemusica

Alberto Oubiña, concelleiro de Xuventude.