O alcalde continúa a rolda de xuntanzas sectoriais cun encontro con representantes da construción

21
  • Terá lugar o vindeiro xoves e ten por obxecto explicar a xestión municipal no marco do estado de alarma, as previsións na desescalada e pulsar as preocupacións do sector
  • O Concello está en disposición de sacar a contratación unha serie de obras e proxectos de importante calado, toda vez que o Goberno central abriu a posibilidade de realizar este tipo de procedementos

O vindeiro xoves, ás 10:30h, o alcalde a concelleira de Contratación manterán un encontro con representantes de empresas construtoras locais. Anunciouno esta mañá Anabel Gulías, quen enmarcou a xuntanza na rolda de contactos sectoriais que Miguel Anxo Fernández Lores está mentendo con diferentes colectivos profesionais de cara a abordar a situación derivada do estado de alarma e da crise sanitaria. “Consideramos que a construción é un sector económico moi importante nesta cidade, xunto co sector servizos, e queremos explicarlle todo o que se estivo facendo desde os departamentos de Contratación, Tesouraría e Intervención, e tamén coñecer e pulsar cales son as súas preocupacións e ver como o Concello pode colaborar con eles neste momento”, resumiu Anabel Gulías a respecto do obxectivo da xuntanza.

A concelleria tamén explicou que a semana pasada o Goberno central restableceu a normalidade en canto aos procesos de contratación, polo que xa se poden publicar ofertas para iniciar procedementos de contratación novos. “Para nós esta é unha moi boa noticia” asegurou Gulías, quen inidicou se engade “ao esforzo que estabamos xa facendo para dinamizar a contratación municipal e encargar o maior volume de obra posible para poñer en marcha, porque entendiamos que era unha inxección á economía local importantísima”. A partires de agora, os expedientes adiantados que chegaban á fase de publicación (e que ata a semana pasada quedaban paralizados nese punto) xa poden continuar o procedemento. Neste apartado, Gulías citou unha serie de obras e proxectos de importante calado municipal como son proxecto de mantemento de vías e espazos públicos no rural; expedientes relativos a Administración Electrónica, concretamente ao mantemento do sistema CIVIDAS e ao sistema de fichaxe de traballadores e traballadoras municipais; o proxecto de telecomunicacións municipais; e o estudo de transporte a demanda; e o proxecto do núcleo de centralidade de Tomeza.