A plataforma Reinicia Pontevedra #PonteLovers desprega pancartas nos balcóns do Consistorio e a Casa da Luz

55
  • A Concellería de Promoción Económica e Turismo pretende intensificar nesta fase as accións de publicidade exterior coa instalación de bandeirolas e mupis e o deseño de merchandising

Os balcóns da Casa Consistorial e da Casa da Luz exhiben dende esta mañá dúas pancartas que, coincidindo coa primeira fase da desescalada, sinalan o inicio dunha etapa de publicidade exterior e de accións promocionais mías directas por parte da plataforma Reinicia Pontevedra / #PonteLovers. A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e os concelleiros Eva Villaverde, Iván Puentes e Paloma Castro protagonizaron o despregue dunha das pancartas, nas que, ademais do logotipo habitual da campaña, aparece un paxaro saíndo dunha gaiola, en consonancia con este novo ciclo que se abre tralo confinamento.

Reinicia Pontevedra intensificará neste período a publicidade exterior coa instalación de bandeirolas e de mupis, ao tempo que se está a estudar o desenvolvemento dun merchandising específico.