O Efecto PO2 recibe os parabéns do Ministerio de transición ecolóxica polo premio Urban Road Safety

56
  • Destaca, sobre todo, que co Efecto PO2 é posible avanzar na mobilidade urbana de xeito seguro e sostible, ofrecendo máis espazos aos peóns e fomentando a mobilidade activa.

O Efecto PO2 resulta imparable. Nesta semana o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu a felicitación do Ministerio para la transición ecológica y el reto demográfico por ser o gañador do primeiro Urban Road Safety Award da Comisión Europea. O Ministerio é o coordinador en España da Semana Europea da Mobilidade.

Asinada polo secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán Fernández, a misiva felicita ao alcalde polos puntos fortes da proposta municipal e nos que se fixou o xurado europeo, amosando que “é posible avanzar na mobilidade urbana de xeito que a seguridade e o sostemento vaia da man”, especialmente tendo en conta que estas medidas permiten a mobilidade activa e o incremento de espazos públicos para os peóns.

Pontevedra segue á espera de coñecer a decisión da Unión Europea sobre a entrega do galardón, que quedou aprazada polo confinamento mundial pola pandemia da Covid-19.