Ratificada a addenda ao convenio de reforma da segunda planta do edificio administrativo do Concello

10

A addenda contempla que o prazo de xustificación da obra remate o 31 de decembro de 2021.

Neste momento trabállase na reforma da segunda planta que estará lista cara o mes de marzo.

O Concello de Pontevedra e a Deputación provincial veñen de asinar unha addenda ao convenio que financia o proxecto de reforma da segunda planta do edificio administrativo do Concello en Michelena 30, que amplía a súa vixencia até o 31 de decembro de 2021.

O convenio inicial que fixaba o remate en decembro de 2020, recolle a reforma da planta cero de Michelena (Rexistro e Padrón) e tamén da segunda planta, onde se atopa o servizo de Intervención. Estas últimas obras iniciáronse a mediados de decembro, e está previsto que rematen cara o mes de marzo.

Os proxectos executados na primeira e na segunda planta pretenden adecuar os espazos necesarios á normativa de seguridade tras a crise sanitaria, e que permita manter fluxos de circulación seguros e as distancias requiridas tanto para traballadores e traballadoras como para o público. 

A reforma da segunda planta permitirá reestruturar os espazos para o Servizo de Intervención e contar cunha sala de xuntanzas o suficientemente ampla para atender futuras eventualidades. O orzamento ascende a 256.450,18 euros e ten un prazo de execución de 2 meses.