O Concello reclama á Xunta que cumpla os estándares de seguridade na glorieta de Pazos, en Marcón

27
  • Os servizos técnicos municipais volven reclamar maior rigor na información relativa a sendas peonís, sinalización e titularidade das zonas verdes, así como a instalación de pasos de peóns sobreelevados

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías informou esta mañá que o Concello volve dirixirse á Xunta para volver reclamar “un maior rigor” na información en relación ao proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada PO-542, que inclúe a construción dunha nova glorieta no lugar de Pazos, na parroquia de Marcón (á altura do bar Emiliano). Segundo explicou Anabel Gulías, tanto a oficina técnica municipal de Arquitectura e Planeamento como a de Medio Ambiente e Infraestruturas remiten sendos informes nos que detallan as deficiencias e inexactitudes que detectan na memoria do proxecto.

Desde a oficina de Medio Ambiente, os erros que condicionan a aprobación dos informes favorables do Concello céntranse en cinco puntos:

  • Sendas peonís e clicistas: non aparecen acoutadas na documentación gráfica e constan como “de largo variable”, polo que non poden ser informadas en relación á súa idoneidade para uso compartido peonil-ciclista.
  • Sinalización: debe reforzarse o preaviso da existencia da nova glorieta co fin de promover unha redución efectiva de velocidades antes da entrada na glorieta
  • Pasos de peóns: propóñense tres pasos de peóns e que, polo menos, os que teñan que ver con vías de titularidade municipal sexan sobreelevados
  • Zonas verdes: non se determina a titularidade das zonas verdes e xardíns que se inclúen no proxecto polo que tampouco se determina a responsabilidade do seu mantemento
  • Servizos de competencia municipal: o Concello non foi consultado a respecto das redes de abastecemento e saneamento polo que remite información coas delimitacións tando das redes xa existentes como das zonas de abastecemento pendentes, nas que se inclúe o novo depósito de Valadares.

Desde a oficina mucipal de Arquitectura e Planeamento faise constar a falta do informe da Dirección Xeral de Patrimonio en relación á contorna de protección dun hórreo de pedra localizado nas inmediacións deste proxecto.