Pontevedra prepárase para o Nadal coa colocación do alumeado de rúas e prazas

35

A Concellaría de Festas iniciou nestes días a instalación da decoración de luz en 83 rúas e prazas do centro, dos barrios  e das parroquias para que se poida acender o 3 de decembro.

O departamento que dirixe Carme da Silva segue a facer esforzos para decorar a cidade que este ano chega a beirarmar con elementos nos farois das avenidas das Corvaceiras e Uruguai.

Ademais da iluminación, tamén están previstas outras sorpresas en distintos puntos da cidade que se irán coñecendo ao longo dos vindeiros días. 

O Nadal chega ás rúas, prazas e barrios de Pontevedra a través dun dos elementos máis característicos destas datas: a iluminación de Nadal. As rúas empezan a vestirse cos elementos decorativos para prepararse para o día 3 de decembro, cando está previsto o acendido.

Eduardo Pondal, General Rubín, San Roque, Sagasta, Loureiro Crespo, Praza de España, avenida das Corvaceiras, centro histórico… son algunhas das rúas que xa dispoñen da iluminación das festas. Aínda non se viven tempos de normalidade pola pandemia da Covid, a Concellaría de Festas que dirixe Carme da Silva, quere intentar que os pontevedreses e pontevedresas vivan estas datas co mellor ánimo posible.

O departamento municipal ten previsto iluminar 83 rúas da cidade: todas aquelas que tiveron decoración o pasado ano (algunhas iluminadas en 2020 por vez primeira) máis as avenidas das Corvaceiras e de Uruguai, dende a ponte do Burgo até San Roque, unha das novidades deste ano. Cabe lembrar que ao igual que todos os anos, o Centro Comercial Urbano Zona Monumental colabora co departamento de Festas na iluminación de Nadal no centro histórico.

Ademais dos arcos de luz, elementos decorativos dos farois, mantos de leds, bolas xigantes, árbores de Nadal, o departamento de Festas ten previsto complementar esta decoración con outra propia destas datas en distintos puntos da cidade. Terá elementos coñecidos e outras novidades que se irán desvelando ao longo destes días.

Iluminación decorativa de Nadal

Ademais dos arcos de luz e dos elementos dos farois, está previsto a colocación de 8 paneis de felicitación de festas nas entradas á cidade e a iluminación das camelias da praza de Ourense. Tamén no centro histórico está prevista a instalación dunha árbore artificial de 10 metros e un manto de luz na praza de Méndez Núñez, un manto de luz na praza da Leña, a iluminación do Teatro Principal, do Pazo da Cultura, da Casa Consistorial e do edificio administrativo do Concello, Michelena, 30. 

Tamén se volverán a iluminar as árbores da praza de San Xosé e a árbore do cruzamento das rúas Uxío Novoneira, Eduardo Pondal, Gorgullón e Xermán Adrio Sobrino. 

Á praza da Audiencia e a Daniel de la Sota volverán as bolas xigantes de Nadal, ao igual que a Monte Porreiro.

Unha novidade será a instalación dunha bola xigante na praza da Peregrina.

Instalaranse almendros de luz na praza de Barcelos, na praza do Hospital e na Parda.

Finalmente, está previsto trasladar a árbore artificial de 30 metros da praza da Ferraría á praza de España, dado que a Ferraría terá un protagonismo especial no nadal pontevedrés cunha decoración específica.

As rúas e prazas 

Nesta ocasión a Concellaría de Festas decorará 83 rúas da cidade con arcos e outros motivos de iluminación nos farois. Máis de 530 elementos. As rúas e prazas son:

  1. Rúa Oliva
  2. Rúa Benito Corbal
  3. Rúa Santa Clara
  4. Rúa Cobian Roffignac
  5. Paseo de Colón
  6. Rúa Daniel de la Sota
  7. Rúa Echegarai
  8. Rúa Estribela
  9. Rúa Fondevila
  10. Barrio da Seca
  11. Rúa García Camba
  12. Rúa Joaquín Costas
  13. Rúas Loureiro Crespo
  14. Casimiro Gomez
  15. Avenida de Lugo
  16. Rúa Marques de Riestra
  17. Rúa Marquesa
  18. Rúa Michelena
  19. Monte Porreiro
  20. Avenida da Peregrina
  21. Ponte Sampaio
  22. Rúa Rosalia de Castro
  23. Rúa Sagastas
  24. Rúa Virxen do Camiño
  25. Rúa Xeneral Gutierrez Mellado
  26. Rúa Frei Xoán Navarrete
  27. Andres Murúais
  28. Curros Enríquez
  29. Verdura
  30. Praza do Muelle
  31. Don Gonzalo
  32. Cesar Boente
  33. Sarmiento
  34. San Román
  35. Soportais 
  36. Ferraría
  37. Fernández Villaverde
  38. Manuel Quiroga
  39. Rúa Real
  40. Serra
  41. Princesa
  42. Avda Santa María
  43. Rúa Alta
  44. Bastida
  45. Alfóndega
  46. Rúa Alameda
  47. Rúa Santa Clara
  48. Rúa San Antoniño
  49. Glorieta Compostela
  50. Cobián Areal
  51. Uxio Novoneira
  52. Doce de novembro
  53. Praza Orense
  54. Rúa San Roque
  55. Avenida de Vigo
  56. Avenida Eduardo Pondal
  57. Maria Victoria Moreno
  58. Xeneral Rubín
  59. Plaza de España
  60. Fernando Olmedo
  61. Josefina Arruti
  62. Rúa Estación
  63. Rúa da Estrada
  64. Virxinia Pereira Renda
  65. Praza de Barcelos
  66. Plaza de Galicia
  67. Augusto García Sánchez
  68. Castelao
  69. Blanco Porto
  70. Cruz Gallástegui
  71. González Besada
  72. Rúa dos Ferreiros
  73. Raiña Victoria
  74. Pintor Virxilio Blanco
  75. Urbano Lugrís
  76. Manuel Colmeiro
  77. Hermida Fariña
  78. Javier Puig
  79. Victor Cervera
  80. José Millán
  81. Álvarez Limeses
  82. Avenida das Corvaceiras
  83. Avenida de Uruguai