O concelleiro de Deportes participa na xornada de promoción da petanca organizada en Marcón por A Vida é Movernos en colaboración coa Agrupación de Petanca de Pontevedra

186

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, participou esta mañá no campo da festa de Marcón na xornada gratuíta de promoción da petanca organizada no marco do programa municipal A Vida é Movernos, impulsado pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde. O evento, aberto a todo o público interesado en participar, está organizado en colaboración coa Agrupación de Petanca de Pontevedra e está a desenvolver dúas actividades principais: un Taller de Iniciación para a cidadanía e un Torneo de Nadal no que toman parte nove equipos da Liga do Concello (Centro Social Pontevedra, Verducido, O Mirador de Monte Porreiro, San Martiño, Petanca Marín, Salcedo Norte, Amigos de Campolongo, Corticeira de Bora e SCD Marcón).

O obradoiro ‘A Petanca como Actividade Saudable’ continuará pola tarde, entre as 15:30 e as 18:00 horas.