O proxecto Inspiradores regresa a vindeira semana cun novo elenco de relatores de primeiro nivel

5

O proxecto Inspiradores, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo en colaboración coas empresa locais Docensa e ADN Ges Pro, regresa a vindeira semana cun novo elenco de relatores de primeiro nivel conformado por Josepe García, director do Instituto Impact e da primeira escola de oratoria de empresarios de España; Majo Cascales, autora do libro ‘Es fácil dejar de sufrir si sabes cómo’ e unha das adestradoras en procesos de cambio e transformación persoal máis importantes de España; Francis Lamadrid, experta en Meditación Vipassana e formadora especializada na mellora da intelixencia emocional e a comunicación; José María Toro, mestre de Educación Primaria, escritor de numerosos libros e relator internacional, e Mario San Miguel, fundador da asociación ‘El Ejército del Amor’ e autor de catro libros entre os que destaca ‘La fabulosa fórmula de la felicidad’.


Tal e como subliña a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, “nun contexto de cambios veloces e incerteza, Inspiradores pretende axudar a profesionais de diferentes ámbitos e á cidadanía en xeral a evolucionar en aspectos como a intelixencia emocional, o liderazgo e a fortaleza mental”. “Trátase dunha iniciativa en formato online (mediante a plataforma Zoom) -lembra a edil do PSOE- pensada para celebrarse ao longo dos vindeiros meses, durante unha semana ao mes, e que conta con relatores ‘inspiradores’ que, de xeito moi próximo e directo, impartirán charlas sobre áreas imprescindibles para o desenvolvemento persoal e profesional”.


As inscricións nestas conferencias, que terán lugar entre o 24 e o 28 de xaneiro en horario de 15:30 a 16:00 horas, son totalmente de balde, a través da web www.inspiradores.net. O programa conta coa experiencia acumulada ao longo de 10 anos co mesmo equipo organizador do congreso Ponte a Punto, artellándose como unha proposta máis ambiciosa e permanente, que en lugar de plasmarse nunha cita anual permita achegar pílulas inspiradoras de xeito constante.

Achego creatividade cos relatores do proxecto Inspiradores, agradecendo de antemán a difusión desta información. Poden obter máis datos sobre cada un deles na propia web https://inspiradores.net/