A cultura de proximidade, o discurso feminista e aposta pola danza, claves da programación no Pazo da Cultura

143
  • A tempada de teatro reanuda hoxe a súa actividade co espectáculo DROP e contará con ‘Othello’ da pontevedresa Marta Pazos e ‘Ana, también a nosotros nos llevará el olvido’, programada dentro de Platea.
  • Na aposta firme pola danza ‘Mercedes máis eu’ de Mercedes Peón e Janet Novás e ‘Emigrantas’
  • Rodrigo Cuevas chegará con ‘Barbián’, una proposta de fusión de culturas que mestura Zarzuela e Cabaré
  • Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, o CMUS Manuel Quiroga, Sociedad Filarmónica,  Coro da Xunqueira completan a progamación na que non faltarán eventos como Salón do Libro, a Semana de Filosofía ou o ‘Ben veñas maio’
  • A actividade expositiva virá da man de Fernando Carballa,  Petter Bagge e o Garaxe Hermético.

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá a programación do primeiro semestre no Pazo da Cultura. “As obras de mellora que se están a levar a cabo no Teatro Principal obrigaron a reestruturar. Todo o que era posible de mudar, terá lugar no Pazo da Cultura e os eventos que non, terán que agardar á finalización destas. En función de como avancen, cabe a posibilidade de que algún dos espectáculos que hoxe presentamos, se celebre finalmente no Teatro. Por iso recomendo a todo o mundo que consulte periódicamente a web Telescopio da Cultura. Alí haberá información actualizada sempre, tamén sobre as vendas de entradas que aínda non están activas. (Actualmente á venda están Drop, Othello e Mercedes máis eu.) E como Telescopio que é, como sucede cando miramos ao ceo, pode aparecer algunha estreliña nova, algún espectáculo que aínda non teñamos pechado”

Antes de debullar a programación Fouces sinalous os tres pilares nos que se construíra:

O apoio claro á cultura de proximidade “que debemos apoiar da forma contundente logo da crise xerada pola pandemia. O internacional virá, pero de momento somos cautos”.

O discurso feminista, tanto de homes como mulleres, que aparecerá tanto nos espectáculos de danza como da man de Rodrigo Cuevas, a versión actualizada de Othello que presenta Voadora Teatro e tamén a temática de ‘Ana, también a nosotros nos llevará el olvido’ e como non, mediante as actividades programadas polo ‘Día da Muller e a Nena na ciencia’

A aposta pola danza. “Manteremos a programación estable, o teatro que funciona e engadimos a danza que ata o momento estaba menos representada”

A tempada de reanuda hoxe a súa actividade co espectáculo DROP,  de malabares e circo contemporáneo: unha aposta ariscada perfectamente apta para público adulto.  Continuará o 19 de febrero ás 20.30h o espectáculo de danza ‘Mercedes máis eu’de Mercedes Peón e Janet Novás programada a través do convenio coa AGADIC e con entradas xa á venda. O 2 de abril ás 20.30 tamén en colaboración ca Rede Galega de Teatros e auditoriose chegará a actualización ao noso século de  ‘Othello’ de Voadora Teatro con dirección e dramaturxia da pontevedresa Marta Pazos, e con entradas xa á venda en Ataquilla.com. O 9 de abril, tamén con venda activa, recibiremos o espectáculo Babián de zarzuela e cabaré protagonizado por Rodrigo Cuevas e o 28 de maio ás 20.30h o Pazo acollerá ‘Emigrantas’ de Kirenia danza, que aínda non ten a venda activada.

Non faltará tampouco o humor da man de Joaquín Pajarón, o 12 de febrero ás 21h.

A mirada feminista á que aludía Carme estará tamén presente no concertó “Mulleres e inspiración” o 5 de xuño ás 19h. Cun programa por desvelar e aínda pendente de poñer á venda, foi unha encarga do Concello de Pontevedra á Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra que, nos próximos meses manterá a súa actividade con diferentes actuación sao igual que o farán a Sociedad Filarmónica, o CMUS Manuel Quiroga, o Coro da Xunqueira, etc.

Chegarán en maio as exposicións ‘Inefable’ de Fernando Carballa e outros dous artistas e ‘Todo o mundo é imbécil menos eu. Peter Bagge e o cómic Underground’ da man da Editorial e o Garaxe Hermético que celebrará tamén do 18 ao 20, unhas Xornadas de BD.

Non faltarán tampouco os programas xa presentados como o do ‘Día da Muller e a nena na ciencia’ o 11 de febrero e outros consolidados e por presentar como o Salón do Libro ‘Con moita arte’ do 11 ao 27 de marzo, a Semana de Filosofía do 18 ao 22 de abril ou o Ben Veñas, Maio.