Comeza a instalación da nova rampla que dá accesibilidade universal á igrexa do Convento de Santa Clara

14

O Concello de Pontevedra comezou a instalar esta mañá a rampla que dará acceso universal á Igrexa do Convento de Santa Clara. Trátase dunha estrutura metálica que estará recuberta de madeira e que permitirá entrar no templo dende a rúa Santa Clara, eliminando as barreiras arquitectónicas e permitindo entrar a todas as persoas pola porta da Igrexa.

A rampla terá que estar rematada para a celebración da xuntanza da órgano executivo do Placemaking que se reunirá en Pontevedra a finais da vindeira semana e que terá como escenario de encontro Santa Clara.

Esta instalación tamén permitirá abrir unha entrada accesíbel e directa ao interior do convento, xa que o único acceso con estas características é a da porta de carros cara a horta e o xardín.