O Plan de Mobilidade Urbana Sustentable transfórmase nunha festa coa que percorrer a cidade grazas á ‘PMUS Party’

169
A cita festiva esta prevista para o vindeiro 8 de outubro e incluirá actividades de balde para toda a veciñanza e agasallos varios para os participantes
Dentro das actividades, que precisan de inscrición previa, aparecen percorridos guiados a pé, en autobús, en bicicleta… e mesmo un roteiro xogando cunha enorme pelota de 1,5 metros 

O vindeiro 8 de outubro, entre as 11 e as 14 horas e de 17 a 20 horas, Pontevedra celebrará a calidade de vida da que dispón cunha cita que levará por nome ‘PMUS Party’. Trátase dunha xornada que pon o foco na socialización e na mobilidade, co xogo como base e a diversión para toda a veciñanza.

O Concello habilitará puntos de información na Peregrina, onde se informará das diferentes actividades que están proxectadas, amais dos agasallos que poderán recibir todos os participantes. Cómpre sinalar que as actividades precisarán de inscrición previa a través da web www.pmus.pontevedra.gal/party. Tamén poderán ser realizadas in situ nos nomeados puntos de información o día da festa.

Que actividades están previstas? 

Captura de pantalla 2022 09 23 a las 18.19.45

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, explicou na presentación desta festa que é un xeito de visibilizar o Plan de Mobilidade Urbana Sustentable co que conta a cidade, «un PMUS avanzado, participado, que tivo alegacións de todo o mundo e que nos vai permitir seguir avanzando nun modelo urbano que é claramente exitoso. Levamos anos traballando por unha mobilidade sostíbel, un elemento cada máis procurado en Europa e no mundo».

«Queremos facer unha festa para visibilizar que podemos andar polas rúas a pé e non con vehículos, xogaremos nas rúas dunha cidade pensada para as persoas, para todas, e iso é o que queremos transmitir con esta xornada festiva», sinalou o rexedor.