O Concello oferta 16 prazas do cadro de persoal en 2023

151

É a Oferta de emprego público de 2022 que se resolverá en 2023 e xa traballa na Oferta de 2023 para completar o 100% do cadro de persoal,  está a rematar o proceso de regularización do persoal Laboral (37 prazas), e acordou unha suba salarial do 1,5% que se fará efectiva a final de ano e que se suma ao 2% aplicado polo Concello dende xaneiro deste ano. 

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as bases xerais da Oferta de emprego público 2022. Segundo explicou a portavoz do Goberno, Anabel Gulías, esta proposta publicarase nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincial de Pontevedra e a continuación abrirase o prazo de inscrición. As probas realizaranse ao longo do primeiro semestre do ano 2023 e os novos traballadores públicos incorporaranse aos seus postos de traballo no segundo semestre de 2023.

As prazas que se ofertan son:

  • 1 técnico medio (promoción interna)
  • 6 administrativos (3 de promoción interna, 3 de quedan libre)
  • 3 auxilares administrativos (2 promoción interna, 1 quenda libre)
  • 1 subalterno (quenda libre)
  • 1 técnico medio en medio ambiente (quenda libre)
  • 1 cabo (promoción interna)
  • 1 bombeiro-conductor (quenda libre)
  • 1 sepultureiro (quenda libre)
  • 1 oficial electricista (quenda libre).

Anabel Gulías explicou que a actualización de todas as vacantes dos postos de traballo do Concello “é unha peza fundamental para a modernización da administración pública”, un dos retos que se impuso o Goberno local neste mandato.

No ámbito dos Recursos Humanos, o Concello está a traballar en tres áreas:

  • No proceso de estabilización do persoal laboral, que se agarda que remate o 31 de decembro deste ano coa publicación no BOE das plazas definitivas. 
  • Preparando a Oferta de emprego público de 2023, de tal modo que entre a proposta que agora se vén de aprobar e a do vindeiro ano, o cadro de persoal estará cuberto ao 100%.
  • A aprobación, por parte da Mesa Xeral de Negociación, da suba salarial dos funcionarios até o 3,5%. O Concello está a aplicar dende xaneiro a suba do 2%, pero agora asume o incremento até o tope que permiten os Orzamentos xerais do Estado, que é do 3,5%. É dicir, o 1,5% restante aplicarase a final de ano con carácter retroactivo dende xaneiro.

Amarres no Club Naval

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o alugueiro de catro amarres no porto deportivo de Pontevedra (Club Naval) para as embarcacións dos servizos de emerxencia municipais.

Trátase dun alugueiro por 11 anos polos que haberá que abonar 3.231,72 euros anuais.