O catálogo da mostra ‘A cidade é a pegada’, que remata o vindeiro 22 de marzo, chegará á cidadanía para que “poida regresar á exposición con calma desde a súa casa”

37


O formato grande estará destinado principalmente a ser un agasallo institucional e contará tamén con tradución ao inglés mentres o pequeno “circulará de maneira máis fluída e próxima ao cidadán, como un libro normal”

Con máis de 400 páxinas contará con prólogo de Alberto Ruiz de Samaniego e uns códigos QR para poder gozar do audiovisual de Chipperfield e as postais sonoras de Marco Maril

A exposición contará mañá venres 17 ás 18h. cun obradoiro para público adolescente e o sábado 18 ñas 12 para público adulto, para os que aínda quedan pratas en www.apuntate.pontevedra.gal

As derradeiras visitas guiadas para público en xeral – hoxe e o sábado – xa están cubertas, pero dende o Concello convidan a visitala por libre no horario habitual de apertura da Sala


A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá as probas do que será o catálogo da mostra ‘A cidade é a pegada’, o proxecto expositivo inaugurado o pasado 15 de decembro que percorre a historia recente da cidade coa mirada da infancia como fío condutor.

Facíao acompañada de Alfredo Olmedo, comisario da mostra, Fernando Suárez, encargado da fotografía contemporánea e Patricia Dopico, responsable de maquetación e deseño.

Fouces apuntaba que “son os coletazos finais de este gran proxecto e toca echar unha etapa moi intensa e preciosa. Cando pechas algo que che gustou e co que tiveces unha relación importante, tes unha sensación agridoce. Penso que este catálogo reflexa moi ben o esforzo que se fixo para sacar adiante esta exposición. É unha proba de impresión pero queriámolo presentar antes de que remate a expo porque pensamos  que é importante que a xente saiba que vai disponer disto. Imos facer o esforzo tamén de traducilo ao inglés para poder envíalo a determinados lugares onde sabemos que será moi ben recibido e o utilizaremos, sobre todo o formato grande, como agasallo institucional cando teñams visitas ao Concello porque cremos que é unha forma moi interesante a cidade de Pontevedra. O pequeño por suposto imos repartilo entre moita xente. Cando teñamos a tirada completa todos poderedes disfrutar del. Penso que vai ser un documento que nas bibliotecas das casas vai ter moito interés.  Chegamos ata aquí extenuadas porque foi un esforzo grande pero felices, contentas e co traballo feito”

O comisario da mostra, Alfredo Olmedo Portela, “capitán do barco ao fronte de todo o equipo” segundo Fouces foi o seguinte en tomar a palabrar para salientar que  “o catátalogo tiña un obxectivo fundamental que penso se conseguiu que era plasmar do xeito máis fiel o formato da exposición. Por iso nel hai moitas fotos das salas, de como foi a montaxe, das pezas en Sala, e dentro de que se pode  – pola limitación de páxinas  porque non queríamos dimensionalo en exceso – tratamos de que aparezan representadas moitas das analoxías que están nas paredes e son realmente un elemento moi significativo no que é o circuito da propia mostra.  Penso que é un documento moi bonito pero en si mesmo ten un valor bastante elevado tanto sentimentalmente como gráficamente, e o trazado que recibiu foi moi preciso. Non queríamos que fose algo execesivamente sofisticado, senón algo cunha natureza de usabilidade importante. Non que fora o típico catálogo que queda enriba dunha mesa sen tocar. Ese é o motivo de sexan dous formatos: o grande, de prestixio, destinado a agasallo institucional e o pequeño que circulará de maneira máis fruída e próxima ao cidadán, para poder usar cómodamente no sofá ou na cama como un libro normal”

Destacou en torno á produción do catálogo o traballo de Fernando Súarez a quen cedeu a palaba “pola parte importante de fotografía que se  fixo de producción propia para a mostra e na parte de gráfico a Patricia”.

Suárez quixo manifestar orgullo “polo meu traballo pero sobre todo polo equipo e polo resultado. O resultado da exposición e do catálogo, que é ese regalo que nos queda a todos. Foi un pracer participar nesta experiencia e agradezo aos 60 nenos/as que participaron nas fotos e deron o seu permiso para publicalas que é unha enorme xenerosidade– especialmente a de Darío e Violeta que deron a súa imaxe para os carteis pero en xeral a de todos/as. Axudaron a dar esta imaxe de Pontevedra”

Patricia Dopico, responsable de deseño e maquetación quixo insistir en ideas como a dos formatos, nos que “quixemos fuxir desa idea de opulencia que dicía Alfredo. Era necesario ter un formato máis pequeño do que adoita ser un catálogo dunha expo pero o que queremos é que a xente nas súas casas o reciba, o vexa e regrese dalgunha forma á exposición, con moita máis calma porque hai moito detalle que ver, moita información, etc. que reflicte o gran traballo que fixeron os comisarios ao longo de moitísimos meses. Co formato máis grande, que será unha ferramenta para representar a cidade en determinados eventos,  queríamos fuxir do tradicional con acabados para que ninguén se corte á hora de manipulalo. Era preciso que quedara constancia do traballo de arquivo pero tamén de montaxe da expo e mantén moita das analoxías. Hai fotos da propia expo e unha serie de despregables que insisten un pouco no formato moi horizontal que teñen as paredes do Pazo.  Funciona case como un caderno de campo, a min o que me gustaría é que a xente cando o vaia vendo poida ir anotando cousas e que o tome case como un caderno máis que coma un libro de deixar enriba dunha mesa sen tocar, como comentaban antes. Esperamos que o disfruten”

Ao remate tomou a palabra novamente a concelleira Carme Fouces para avanzar a valoración por parte do Concello: “o balance da exposición é magnífico. Se algunha medalla me podo colgar é a de petar á porta adecuada. Tiven moi claro que quería que Alfredo fixera este traballo e aínda que moita xente contaba con que dixera que non – e dixo inicialmente que non – ao final foi un si. Construímos un equipo de traballo diverso, con visións diferentes pero vogando para o mesmo sitio. Foi mérito do Concello contar con esta xente. Daremos cifras cando remate pero pensó que non teñen que ver con expos anteriores. Sobrepasou todo grazas ao traballo ds comisario e tamén das visitas guiadas que fixeron Milagros Bará con escolares e Vacío Cero, que tamén levou a cabo uns obradoiros fantásticos con público en xeral.”.

Derradeiras actividades en torno á exposición

O venres 17 terá lugar da man de Vacío Cero ás 18h. un obradoiro para adolescentes de Bacharelato de Artes ou con intereses artísticos baixo o título de ‘A cidade posible’ e o sábado 18 de 12 a 14 ‘Arquivo expandido’ dirixido a público adulto. Ambos teñen prazas dispoñibles que reservar a través de www.apuntate.pontevedra.gal

Esta mañá tiveron lugar as derradeiras visitas concertadas con centros escolares guiadas por Milagros Bará (co Sagrado Corazón de Pontevedra e o CEIP Vilaverde Mourente) e na tarde de hoxe xoves e o sábado  18 terán lugar as dirixidas a público en xeral da man de Vacío Cero.  Ambas teñen xa todas as prazas cubertas pero é posible realizar visita libre no horario habitual de apertura: luns, mércores, xoves e venres de 18 a21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Martes, pechada.