O Salón do Libro inaugura a 1ª Escola de Escrita Xuvenil que terá lugar no Pazo da Cultura entre hoxe e o 7 de xuño da man de Manuel Lourenzo González

3


Máis dunha  ducia de estudantes – maioritariamente rapazas – de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos están inscritos na actividade

A intención é recopilar os relatos escritos polas asistentes e realizar unha publicación cara o remate do curso que constará de 4 sesións

A concelleira de Cultura Carme Fouces asistiu esta tarde á primeira sesión da Escola de Escrita Xuvenil. Esta iniciativa do Concello de Pontevedra terá lugar no Pazo da Cultura ata o 7 de xuño en 4 xornadas  a cargo do escritor Manuel Lourenzo González (hoxe 26 de abril, o 10 e 24 da maio e o 7 de xuño)

Tal e como destacaba Fouces, “é unha iniciativa pioneira xa que este tipo de cursos adoitan ir destinados a público adulto.  Facémolo con moita ilusión. Temos figuras de peso como Manuel Lourenzo e é un pracer poñelas en contacto – fóra do contexto académico – con futuras promesas, mozas e mozos que teñen esta aficción, que queren aprender a contar historias e grazas a isto poderán facelo con algo de técnica. Penso que poden aproveitar e sacar moito en limpo. É un esforzo tamén que facemos desde o Concello e o Salón por darlle ese espazo ao público xuvenil que pouco a pouco se vai achegando ao Salón a través dos clubes de lectura e os videoxogos”

A Escola de Escrita xuvenil é un proxecto que bota  a andar por primeia vez dentro do  Salón do Libro e ten como finalidade darlle saída ás inquedanzas sobre a escrita que ten o alumnado de secundaria e bacharelato dos institutos de Pontevedra. Ofrecerlles formación, un apoio, un seguemento, coñecemento de técnicas de escrita, exercicios, etc.

Abre unha nova liña que vai máis aló de promover a lectura e busca que a rapazada non só lea, senon que tamén escriba.  A intención é que ao final do curso haxa un pequeño volume coas historias da rapazada.

A proposta, que foi enviada aos centros de ensino secundario da cidade, tivo especial boa acollida no IES Xunqueira 1 e Frei Martín Sarmiento nos que se imparte o Bacharelato de Artes. De aí proceden a maior parte das máis de 12 rapazas inscritas, de cursos comprendidos entre 1º da ESO e 1º de Bacharelato.