O modelo de Pontevedra viaxa en setembro a Estados Unidose Madrid 

49

O Colexio de enxeñeiros de Madrid acolle este mércores unha xornada sobre a Zona de baixas emisións na que Pontevedra amosará a súa experiencia xunto a Madrid, Barcelona e Londres.

A revista norteamericana Fast Company recolle unha reportaxe sobre a cidade da man do experto David Zipper, que visitou Pontevedra no mes de agosto. 

A axenda do modelo de cidade ten cita este mes de setembro no Colexio de enxeñeiros de camiños de Madrid, e tamén foi obxecto dunha publicación na revista de negocios norteamericana Fast Company, da man do profesional da mobilidade estadounidense David Zipper, que visitou a cidade a mediados do mes de agosto para coñecer o seu funcionamento.

Ao respecto da cita en Madrid, o Concello de Pontevedra participa o vindeiro mércores, 20 de setembro, na xornada “O futuro da mobilidade sostible” organizada polo Grupo de traballo de Camiños de Madrid: enxeñería do futuro do Colexio de enxeñeiros de camiños, canais e portos. Asistirá ao encontro o director xeral de Mobilidade e obras, Jesús Gómez Viñas para expor o singular modelo de zonas urbanas de baixas emisións da cidade xunto aos concellos de Madrid, Barcelona e Londres.

Trátase dun encontro de formación aberto aos colexiados de Madrid dentro das liñas de traballo da entidade que pretende canalizar as demandas e necesidades para o desenvolvemento do servizo.

Ao tempo, Pontevedra foi obxecto neste mes de setembro dunha reportaxe na revista norteamericana Fast Company, unha publicación de negocios con seis números anuais que recolle a súas reportaxes en fastcompany.com No caso da referencia a Pontevedra, chega da man do profesional da mobilidade David Zipper, profesor asociado do Centro Taubman da Harvard Kennedy School.

Na súa reportaxe, Zipper trata de resumir as leccións aprendidas do modelo de Pontevedra en cinto items:

  • “Sen coches” non significa “sen coches”
  • A mellora da seguridade viaria
  • A falta de coches atrae a novos residentes
  • A falta de coches estimula a economía local
  • O éxitos políticos da limitación dos vehículos