A obra ‘Todo o que doe’ de Carmén Caramés, gaña a III Edición do Premio Literario Pinto e Maragota  

51

O Concello de Pontevedra, en colaboración con EdiciónsXerais de Galicia, convocou a III Edición do Premio Literario “Pinto e Maragota” que ten como finalidade visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero e forma parte das actividades do programa municipal PINTO E MARAGOTA.

As obras presentadas deberían ter presente no seu argumento, como temática principal ou transversal, a diversidade sexual e de xénero: orientación sexual ou identidade de xénero.

O xénero literario das obras presentadas foi novela, teatro e poesía, tanto para público infantil, xuvenil como adulto.

(No caso de optar por novela ou obra dramática para o público adulto, o texto debera ter un extensión total mínima de 90.000 caracteres con espazos. No caso de poesía para público adulto, sería un mínimo de 500 versos, de forma libre.  Estableceuse un único premio de tres mil (3.000) euros, que estará suxeito ás retencións legalmente establecidas e fará efectivo o Concello de Pontevedra.

O premio outorgourase tendo en conta en xeral o nivel de calidade literaria da obra e o tratamento da temática de diversidade de sexo e xénero dentro da mesma.

No andar primeiro do Centro de Información á Muller do Concello de Pontevedra, sendo as 13.00 horas do día 28 de setembro de 2023, reunise o xurado para avaliación dos traballos presentados para a convocatoria da III Edición do certame.

O xurado estivo integrado polas seguintes persoas:

  • Cristina Barreiro, docente no CEP Marcos da Portela e membro do colectivo Avante LGBT+ Pontevedra 
  • Miguel Calvo Marques, membro da Xunta Coordinadora da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia 
  • Sara Vila, escritora e responsable de prensa da editorial Xerais

Foron presentadas un total de 23 obras: 7 na categoría de literatura infantil e xuvenil, 5 novelas para público adulto, 2 obras de teatro e 9 poemarios para público adulto

O obra gañadora foi o poemario ‘TODO O QUE DOE’. Unha vez aberta á plica, coñeceuse que a obra foi escrita por Maria Carmen Caramés Gorgal.

O xurado destacou desta obra a tenrura, a potencia das metáforas e a creación de atmosferas que evocan distintas sensación e emocións. Salientaron tamén a certeira representación da dificultade que supón, nesta historia, o amor entre dúas mulleres, fóra das normas establecidas, así como a reivindicación do dereito a vivir o amor en liberdade.

O xurado quere destacar, así mesmo, a calidade das seguintes obras: a novela para público adulto presentada co título “Os tres nomes da Sartegua” e a obra xuvenil “A campá dos Tararíns” e recomenda á editora que valore a súa publicación.

Nas anteriores edicións, resultaron gañadoras as novelas “Cobiza” da escritora María Reimóndez e “Estranxeiras” da realizadora audiovisual Carmen P.G. Granxeiro.