Os bombeiros melloran as condicións de traballo ao incorporar novas equipacións para atender os incendios forestais 

9

A concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde visitou esta mañá o parque de bombeiros do concello para coñecer as novas equipacións dos traballadores, adaptadas á última normativa internacional para atender os incendios forestais.

Son dous equipos formados por chaqueta e pantalón “que non se derrete nin gotea”, indicou a concelleira, o que mellorará as condicións de traballo dos bombeiros. Esta nova equipación (dous traxes para cada traballador) súmase á equipación técnica que xa teñen os bombeiros para atender a alturas, fachadas, accidentes…

Os traxes veñen individualizados, con nomenclatura, numeración de tallaxe específica para cada un dos traballadores “para poder traballar nas mellores condicións posibles”.