Comezan os sondeos para coñecer a viabilidade de destapar o Gafos 

29

Esta mañá comezaron os traballos do estudo xeotécnico para coñecer o estado do subsolo do ámbito do río dos Gafos. As primeiras actuacións foron na contorna da praza da Constitución, ao carón da Igrexa de San Xosé, e continuarán ao longo do paseo até completar 10 sondeos. Como vén informando o Concello de Pontevedra o propósito deste estudo é coñecer a viabilidade para recuperar e destapar o río dos Gafos ao seu paso pola cidade.

Nestes sondeos procederase á toma de 5 mostras inalteradas de nas que se realizarán ensaios de laboratorio que ofrecerán información dos materais do subsolo para determinar a compacidade do terreo, resistencia que sexa necesario para calquera estrutura de nova execución.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores ten confirmado que a intención do Goberno local é destapar o Gafos pero “non imos iniciar ningunha actuación a cegas e que non teña todas as garantías de que non afectará aos edificios de Campolongo, como ao colexio, ao seu patio, ou aos edificios de vivendas próximos á súa canle”.