Os Alegres celebran o seu 85 aniversario este venres no Principal 

12

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a Asociación musical “Os Alegres” que neste ano farán o seu 85 aniversario. Para festexalo celebrarán este venres, 24 de novembro, o Festival do outono da música tradicional.

É un espectáculo que comezará ás 20.00 horas no Teatro Principal e a entrada é de balde até completar aforo.

Participarán Quinteto de Gaitas “Os Alegres”, Pandereteiras “Bulideiras” de Vilagarcía, Grupo de gaitas “A saneira” de Baiona, Dúo de pandereteiros AUFT, a Escola de acordeóns de Poio, Pandereteiras + pandereterios de Ourense, Grupo de gaitas “Picuíña” de Marín e a Asociación e a agrupación OS Alegres.

Faranse sorteos de pandeiros mini e unha cea para dúas persoas.