A Xunta de Goberno acepta as condicións de Costas para a cesión da parcela do acceso a Mollavao 

7

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá as condicións da Dirección xeral de Costas para a cesión de 2.400 m2 na parcela dos circos que permitirá a execución da vía que conectará Rosalía de Castro coa avenida de Marín. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores explicou esta mañá que o Concello ten un prazo de 10 días para aceptar estas condicións «a marioría xa están executadas », indicou Fernández Lores.

Foi explicando que xa está solicitada a autorización a Adif ou as distintas alternativas para a execución da nova estrada, pero está pendente de facer o estudo de mareas e cambio climático ou a contestación a unhas terceiras alegacións presentadas polo Colexio de Arquitectos fóra de prazo e que están presentadas en Costas pero das que o Concello non ten coñecemento. O alcalde confirmou que se lle solicitarán a Costas para contestalas e cumprimentar, tamén, este paso.