A Policía Local incorpora seis novos axentes e inicia o proceso para completar o cadro de 122 efectivos 

25

Neste mes de Nadal tomarón posesión seis novos policías.

As ofertas de emprego público de 2022 e 2023 incorporarán a 23 axentes, ben sexa por promoción interna ben por oposición libre, até completar a totalidade do cadro de persoal. 

O Concello de Pontevedra acaba de reforzar o plantel do corpo da Policía Local con seis novos policías que veñen de tomar posesión en época de Nadal. A este reforzo sumarase a incorporación de novos efectivos producto das ofertas de emprego público municipal de 2022 e de 2023, ambas en marcha. O Concello de Pontevedra proponse completar o cadro de persoal da Policía Local, integrado por 122 axentes, ao longo deste novo ano, tendo como propósito cubrir a totalidade dos postos vacantes, ben por promoción interna, ben por oposición libre.

Na actualidade está en marcha o proceso de selección, por promoción interna, para cubrir unha praza de inspector. Esta praza figura dentro da Oferta de emprego público do ano 2022.

Ao respecto da Oferta de emprego público de 2023, o Concello vén de publicar a oferta para cubrir 22 prazas e está a piques para aprobar as bases que regularán a convocatoria. O proceso selectivo irase celebrando ao longo de 2024.

En concreto, a oferta pública da Policía Local para 2023 ofrece, por promoción interna, a praza de intendente principal, unha praza de inspector principal (na actualidade hai dúas e unha está vacante), unha praza vacante de inspector (son seis e cinco están cubertas), oito prazas de oficiais das cales seis serán de promoción interna e dúas de mobilidade. O cadro ten 16 inspectores e coa incorporación destas oito prazas quedará completo.

Tamén convocará 11 prazas de policía, das cales 9 serán de oposición libre e dúas de mobilidade.

Con estes efectivos – e sen ter en conta as vacantes que se produzan co ascenso da promoción interna- o plantel da Policía Local de Pontevedra quedará cuberto con 122 efectivos.