Noites Abertas tamén se une a celebración do Día Internacional da Muller 

18
Neste 8M contará cunha actividade especial en exclusiva para mulleres, ademais de continuar a ofrecer unha programación diversa e ecléctica, che ade propostas diferentes 

A edición actual de Noites Abertas a ritmo áxil e cun fondo carácter de éxito, logo de ir enchendo semana a semana a maioría das sesións e propostas que lle ofrece á mocidade pontevedresa. Nesta nova fin de semana, de novo haberá unha chea de eleccións posíbeis, se ben a celebración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, marcará parta da mesma.

Así, a actividade ‘Arquetipos femininos’ aparece xa no calendario como a única proposta en exclusiva para mulleres dentro do programa de Noites Abertas —non é a primeira vez que existe unha actividade só para mulleres en Noites Abertas, mais si neste ano—. Celebrarase o día 8 ás 21.00 horas na Casa Azul.

Doutra banda, a fin de semana configurase como dous días frenéticos no referido a opcións a escoller que van dende ‘Pandeireta e Canto tradicional galego’ a ‘Modelado e animación para videoxogos en Blender: Animación 3D’ ou ‘Tai Chi’, pasando por un ‘Obradoiro de canto’ a actividade ‘Síntete unha estrela de rock’. 

Cómpre sinalar a continuidade e boa acollida de actividades con carácter máis dinámico e cambiante, como ‘Espazo Aberto’, onde a rapazada pode socializar e facer mergullo nas súas propias propostas.

Desde a dirección deste programa para a mocidade sinalan o éxito que están a ter a enormísima maioría de actividades, pasando xa do milleiro de asistentes, restando aínda tres fins de semana por diante para gozar en compañía, animando á socialización en positivo.