Sae a contratación o servizo de socorrismo das praias de Lérez e de Ponte Sampaio 

14

 A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o expediente de contratación do servizo de Socorrismo das praias de Lérez e de Ponte Sampaio por valor de 90.700,78 euros e un prazo de execución de dous anos e a posibilidade de prórroga doutros dous.

Segundo explicou esta mañá o alcalde, o servizo consistirá na prevención, vixilancia da seguridade dos usuarios da praia, a intervención para o rescate de situacións de risco se fose necesario e a asistencia de primeiros auxilios que precisen os usuarios do areal. 

O horario de prestación do servizo será o mesmo nas dúas praias obxecto deste contrato. O servizo estenderase dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto, ambos inclusive.

O horario será dende as 13:00 ata as 20:30. 

O servizo prestarase, como mínimo en cada unha das praias obxecto do contrato, por un socorrista acuático e reforzarase o servizo as fins de semana cunha segunda persoa en horario de 16:30 ata 20:30. Esta persoa poderá ser un socorrista acuático ou un axudante con formación en primeiros auxilios. 

Isto fai un total de 1.066 horas de traballo.