Lixo

Xestión RSU

O depósito de resiudos na vía pública está organizado de tal xeito que toda a cidadanía conta nun lugar próximo ao seu domicilio cun xogo de contentores nos que depositar case todo o material sobrante, destinado á reciclase ou á recuperación.

No contentor de cor verde deposítanse os residuos orgánicos

No contentor de cor azul deposítanse os restos de papel e cartón

No contentor de cor verde deposítanse os restos de vidro

No contentor de cor amarela deposítanse outro tipo de envases (plásticos, latas, bricks, etc.)

En numerosos lugares da cidade existen contentores de pilas e baterías

Para a recollida de elementos voluminosos (mobles, colchóns, etc.) existe un servizo personalizado, chamando ao número 986 85 02 25, donde lle informan onde debe depositar o obxecto e qué día da semana.

Recoméndase que cando se substitúa un electrodoméstico, o servizo da tenda na que merque o novo se faga cargo do antigo, xa que eles coñecen os mecanismos para facelo chegar ao lugar axeitado para o seu tratamento con garantías ambientais.

Tamén se recomenda que para restos de obra sexa a empresa que realiza o traballo quen se encargue de xestionar os residuos. De non ser así, ten que realizalo un xestor autorizado en tratamento de entullos RCD (Restos de Construcción e Demolición). Na cidade existe alomenos unha empresa que ofrece ese servizo: Norte-Sur, situada no Polígono do Campiño B50, tlf. 986 841 677, que ofrece solucións á medida das súas necesidades.

Para calquera dúbida sobre recollida selectiva, pode chamar a Ferrovial, que lle aportará as recomendacións axeitadas para cumprir co medio natural.

RECOLLIDA DOMICILIARIA DE RESIDUOS

Realízase cada día, incluídos os domingos, no centro urbano, en rotas e frecuencias distintas para os diferentes tipos de residuos e contentores. Diariamente vacíanse os contentores verdes, que recollen os residuos orgánicos.

Na zona rural a recollida realízase en distintas frecuencias en función da densidade poboacional.

O PUNTO LIMPO

HORARIOS:

Martes a venres de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h
Sábados de 9:00h a 13:00h

ENTREGAS:

Obrigatorio identificación de vehículo e persoa que realiza a entrega.
Habitante do município de Pontevedra (xustificado com DNI ou recibo de lixo)
O material deberá vir selecionado, non se recollen resíduos mesturados en caixas a granel.
Tódolos materiais teñen unha limitación de peso e volumen asimilables a un uso doméstico.

MATERIAIS ACEPTADOS:

Envases lixeitos de plásticos, latas e briks.
Botellas e envases de vidro
Cables eléctricos
Toner de impresoras
Ferralla e metálicos.
Restos de madeira.
Pequenos electrodomésticos (micro-ondas, rádios, fornos, etc.)
Refrixeradores, arcóns e acumuladores de auga.
Entullos e restos de obra
Pilas e acumuladores
Bombillas incandescentes, led e tubos fluorescentes
Radiografías
Botes de pintura e vernices
Sprais e envases de aerosois
Cintas, DVDs e cintas VHS
TV e pantallas
Aceites domésticos

O TEMPO

Pontevedra, ES
few clouds
20 ° C
21.2 °
18.2 °
87 %
4.5kmh
17 %
Mér
19 °
Xov
17 °
Ven
20 °
Sáb
18 °
Dom
17 °