Obras de reforma urbana

Un modelo de cidade faise con valentía, ideas claras e participación. Esta páxina recollerá os principais proxectos de reforma urbana que se van desenvolver na cidade nos vindeiros meses e anos. Nela poderase consultar o proxecto, imaxes, vídeos, participar nas asembleas xerais e sectorais que se convoquen e tamén achegar suxestións aos proxectos antes da súa licitación. Contamos contigo!

Reforma da rúa Rosalía de Castro

Imaxe reforma Rosalia de Castro

Orzamento

1.792.586 euros

Arquitectos

Otima arquitectos

Obxetivo

Transformar unha estrada de paso nunha rúa coas mesmas características
coa mesma calidade urbana que o resto da cidade.

Proxecto

  • Beirarrúas de formigón ao igual que Arcebispo Malvar ou a zona da Ponte do Burgo
  • Un único carril de saída da cidade
  • Renovación de alumeado, mobiliario e servizos soterrados
  • Creación de 2 áreas de estancia
    • Diante do colexio Salvador Moreno, para dar preferencia aos alumnos do centro de ensino
    • No entronque coa rúa Licenciado Molina e Benito Vicetto, que desaparecerá o carril de circulación e todo o pavimento será de granito
  • Reordenación da rúa Simón Bolívar até a Casa do Mar
  • Tratamento de zona verde para a parcela baixo a autoestrada
  • Tratamento de estacionamento disuasorio na actual parque de educación viaria

Planos

Galería de imaxes

Danos a túa opinión!

Indícanos cales son as túas necesidades e valorarémolas porque a túa opinión conta.

Asemblea virtual!

Transformamos as asembleas veciñais en asembleas virtuais.

Esta asemblea será para estudarmos xuntos o proxecto de reforma da rúa Rosalía de Castro este mércores, 24 de febreiro ás 20.00 horas.

Se vives na rúa Rosalía de Castro, inscríbete no formulario de participación e recibirás un enlace para unirte á reunión.

Pódeste inscribir até o martes ás 22.00 horas!

Cartel reforma Rosalia de Castro
PONTEVEDRA SUPERA logo + Concelleiro