Campañó

Integrada noutro tempo no desaparecido concello de Alba, Campañó sitúase entre Alba e o concello de Poio, na vertente oriental do monte Castrove.

Trátase dunha parroquia rica en pegadas arqueolóxicas das que son un bo exemplo as seis mámoas e os petroglifos localizados nos castros de Fiestoso e do Outeiro. Xunto ao castro de Sineiro tamén se atoparon diversos obxectos e restos de cerámica.

O orixinario templo parroquial era de liñas románicas, pero debido ao seu estado ruinoso, iniciouse a construción da actual capela maior a comezos do século XVIII. No seu interior, destaca unha imaxe gótica da Virxe do O, do século XIV.

Numerosos cruceiros espállanse por toda a súa superficie, sendo o máis antigo o situado no lugar da Balseira, do século XVI.

A festa patronal é san Pedro (o 29 de xuño), aínda que tamén se celebra san Paio o día 30 de xuño e a Virxe das Dores os días 17 e 18 de setembro.

O Consello parroquial de Campañó

  • ANPA CEIP de Parada
  • Asociación de Veciños Santo Paio
  • Coral Airiños de Campañó
  • Asociación de veciños O Pilar (Sabarís)
  • Campañó ADX
  • Asociación Cabalar
  • Comunidade de Montes de Campañó
  • Asociación Cultural Deportiva de Campañó.

O Plan de parroquia

O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses e está integrado polos seguintes documentos: