O obxectivo principal da área urbana é potenciar a participación social no ámbito urbano, por medio de asociacións de todo tipo que actúan no territorio: veciñais, culturais, xuvenís, empresariais, de mulleres, de solidariedade, de discapacidade, anpas…
Tamén queremos establecer canles de diálogo e participación co conxunto da veciñanza, mediante asembleas abertas para tratar temas da súa contorna.
Crear canles de participación específica para colectivos e sectores da poboación: infancia, adolescencia, terceira idade, persoas con discapacidade. Trátase de procurar a súa implicación na identificación de necesidades e na procura de solucións.
Trátase, en definitiva, de crear novas formas de participación democrática, fomentando a implicación social, a cohesión, a solidariedade e a identificción das persoas na mellora dos espazos públicos e da convivencia cidadá.
Procedementos de participación
Xuntanzas de carácter xeral na que poderán participar todas as entidades interesadas que desenvolvan a súa actividade no ámbito urbano (Consello Xeral de Participación no Ámbito Urbano).
- Reunirase cando menos 2 veces no ano.
- A primeira xuntanza foi o xoves 9 ás 20.30 h de xullo no CITA
- Poderán formar parte deste consello todas as asociacións do ámbito urbano: veciñais, culturais, xuvenís, de discapacidade, de solidariedade, empresariais, de mulleres, anpas…
Xuntanzas de ámbito territorial concreto (consellos de barrios e zonas da cidade), nas que poderán participar todas as entidades que actúan nese espazo. Por ex. O Burgo, Monte Porreiro, Zona Leste, Campolongo e Mollavao, A Moureira, Centro Histórico…
Xuntanzas abertas a toda a veciñanza dunha zona, en relación coa propostas concretas de actuación.
Xuntanzas temáticas con colectivos e grupos de persoas específicas (terceira idade, discapcidade, infancia…) en relación con proxectos ou propostas de actuación.
Temas e ámbitos de traballo
- Mobilidade, accesibilidade e seguranza viaria
- Prioridade contorna centros educativos e de saúde
- Conservación e mellora do medio ambiente urbano
- Espazos públicos
- Zonas verdes e de lecer
- Mobiliario e equipamento
- Servizos (alumeado, limpeza viaria…)
- Integración, convivencia, equidade: barrios como espazos de convivencia e integración
- Cohesión social
- Solidariedade
- Dinamización sociocultural (nos espazos públicos e nos centros sociais)
- Actividades festivas e de lecer
- Embelecemento urbano
- Recuperación de predios abandonados e terreos sen uso (por ex, para hortas)
- Mellora de edificios sen uso
- Intervención artísticas en paredes
- Intervencións artísticas en rúas, prazas…
- Eliminación de elementos que supoñan agresións estéticas (por ex valados publicitarios, valados de obras…)