“…de Infinitum”. O novo espectáculo da Asociación Cultural Trépia.

66

Lugar: Teatro Principal.

Lugar: 20:30 h.

Entrada libre ata completar aforo.

 

…de infinitum e un espectáculo dividido en dúas partes que representan os opostos que configuran a  própia cosmovisión do grupo: Son luz e escuro convivindo en ciclos alternos que se repiten… coma os “oitos” do baile da ribeirana, coma os ciclos estacionais, ou como o dia e a noite. O repertório tradicional mestura-se xa non só con outros estilos e recursos, mais tamén consigo mesmo.  A danza non acompaña á música senón que, como sempre fora, é parte da própia música. E a escenografia visual non é ilustrativa, senon que contextualiza o espectáculo desde distintos prismas. Todo isto converxe en …de infinitum, para defender unha linguaxe de traballo baseada en recursos socioculturais actuais, só que empregados con liberdade.